Ofrecemos asesoramento xurídico a particulares e a empresas. O ámbito de actuación é tanto a nivel rexional como nacional. O noso equipo profesional permítenos ofrecer aos nosos clientes un asesoramento integral e perfectamente coordinado en calquera caso ou circunstancia e para todas as materias xurídicas.
O noso despacho de avogados, conta coa colaboración de profesionais doutros ámbitos (Economistas, Auditores, Contables, Arquitectos, Médicos) para poder ofrecer un asesoramento integral aos nosos clientes.
http://lucuslexabogados.com
A Corte Arbitral de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que foi creada para promover a solución de controversias en todos os ámbitos da sociedade por medio da arbitraxe entre partes privadas, sendo coñecedora das múltiples vantaxes que pode supoñer para a sociedade actual.
Sabemos que a cidadanía reclama unha Xustiza máis rápida e accesible, como tamén sabemos que ninguén renuncia sen máis a obter rendemento por un ben que, se tivese as garantías suficientes, lle podería supoñer uns importantes ingresos. Por este motivo, a Corte pon a disposición da cidadanía este servizo permitíndolle acceder a un novidoso marco xurídico de resolución de conflitos específico que resolve coa mesma eficacia que a xustiza ordinaria pero reducindo a duración do proceso e o custo para o cidadán
www.cortearbitralgalicia.org